Svetlana foi unha das propostas máis sorprendentes do Revenidas 2025. O dúo barcelonés, formado por Roc Bernadí e Júlia Díaz, chegou ao escenario do EVM cunha mestura moi persoal de pop electrónico, rumba, house e actitude descarada. Era a primeira vez que os vía en directo, e a súa posta en escena —chea de luz, baile e un punto provocador— fixo que o concerto destacase pola súa estética e ritmo.
Aínda que a súa proposta non encaixa totalmente co que acostumo buscar nun festival como este, resulta imposible non recoñecer o seu estilo único e a capacidade de sorprender. Un concerto diferente, vibrante e con personalidade, perfecto para quen goza de descubrir algo fóra do habitual.