Chegadas desde Cataluña, baixo a recomendación de Fermín Muguruza, Les Testarudes puxeron ritmo e frescura ao escenario do Revenidas 2025 cun directo cheo de enerxía e complicidade. O seu estilo, que fusiona ska, reggae e rocksteady, converteu o concerto nunha festa aberta e diversa, onde o público non deixou de bailar.
Nesta galería recóllense momentos que reflicten esa conexión inmediata: movemento, alegría e a forza colectiva dunha banda que en directo transmite pura vitalidade.