Se hai algo que fai grande un festival é a súa xente. Nas seguintes fotografías recóllese a forza, a alegría e a complicidade do público do Revenidas, esa enerxía que non se ve no escenario pero que sostén cada concerto.
Algunhas das imaxes foron tomadas en condicións de pouca luz ou con material que non era o máis axeitado para a situación, e iso pode notarse na calidade final. Nalgúns momentos mesmo comenteivolo a quen posaba diante da cámara. Aínda así, decidín incluílas porque penso que transmiten o espírito real do festival: natural, vivo e compartido.
Esta é, en definitiva, unha pequena homenaxe ás persoas que fan do Revenidas algo máis ca un festival: unha comunidade.
XOVES 11
VENRES 12
SÁBADO 13
A YayaDJ coas súas fans
Domingo 14