En cumprimento do disposto pola Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico (LSSI-CE), infórmase que o sitio web salseiro.eu é titularidade de hectorroma, residindo en O Pedrouzo (15821).
Pódese contactar a través do correo electrónico: hectorroma (arroba) salseiro (punto) eu ou facendo uso do formulario na sección de contacto.
Finalidade do sitio web
Este sitio web ten como obxectivo difundir e promocionar servizos fotográficos, principalmente relacionados con eventos culturais e musicais, así como mostrar portfolios de traballos realizados polo titular.
Propiedade intelectual e dereitos de imaxe
As fotografías publicadas en salseiro.eu son autoría de hectorroma, quen conserva todos os dereitos de explotación como autor. Non obstante, recoñécese que as persoas ou grupos que aparecen nas imaxes poden ter dereitos sobre a súa propia imaxe, conforme á Lei Orgánica 1/1982, do 5 de maio, de protección civil do dereito á honra, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe.
Calquera utilización non autorizada das imaxes deberá ser solicitada previamente ao titular a través da formas de contacto sinaladas.
Condicións de uso
O acceso e uso de salseiro.eu atribúe a condición de persoa usuaria, que acepta as condicións recollidas neste aviso legal. A persoa usuaria comprométese a facer un uso axeitado dos contidos e servizos ofrecidos, absténdose de realizar actividades ilícitas ou que atenten contra dereitos de terceiras partes.
Responsabilidade
O titular non se fai responsable dos posibles danos derivados de interrupcións ou fallos do servizo web, nin da utilización indebida dos contidos por parte das persoas usuarias do sitio.
Protección de datos persoais
Non se recollen datos persoais a través de formularios no sitio web, salvo que o usuario faga uso das formas de contacto indicadas. Neste caso, os datos proporcionados (nome, correo electrónico, etc.) empregaranse unicamente para dar resposta á solicitude, non se incorporarán a ficheiros con fins comerciais e serán eliminados unha vez resolta a consulta.
A persoa usuaria poderá exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación ou oposición mediante solicitude a hectorroma (arroba) salseiro (punto) eu.
Cookies
O sitio web integra servizos de terceiros, como Adobe Portfolio e Google Analytics 4 (GA4), que poden instalar cookies ou tecnoloxías similares no navegador da persoa usuaria co fin de mellorar a experiencia de navegación, analizar o tráfico web e xerar estatísticas de uso.
A persoa usuaria pode configurar o seu navegador para aceptar ou rexeitar as cookies, así como eliminar as xa instaladas. Para máis información sobre cookies e configuración en cada navegador pódese consultar a Guía de cookies da AEPD.
Lei aplicable e xurisdición
Este aviso legal rexerase pola lexislación española. Para calquera conflito derivado do uso do sitio web, serán competentes os xulgados e tribunais correspondentes ao domicilio do titular, sen prexuízo das competencias que poidan corresponder segundo a normativa aplicable.