O xoves 11 de setembro, Vilaxoán acolleu un dos momentos estrela do Revenidas: o directo de Dubioza Kolektiv. Os bosnios viñeron cargados dunha enerxía explosiva, mesturando reggae, ska, dub e mensaxes comprometidas que fixeron vibrar os dous escenarios do festival.
Naquelas horas intentei capturar a intensidade do momento: os movementos, os flashes, a conexión co público. Quizais algunhas fotos non cumpran coas expectativas técnicas máximas, pero inclúo todas porque creo que todas aportan algo ao relato visual: falan dunha noite única, compartida, intensa.

Outras seccións de interese

Back to Top