O sábado no Revenidas tiña outro nome marcado en vermello: Onza. Había moita expectación en Vilaxoán por volver ver a Pepo no escenario despois de Desakato, e a verdade é que non defraudou.
O Escenario Vibra Mahou quedou pequeno para a rabia que soltaron desde o primeiro acorde ás dez menos dez da noite. Entre a nostalxia de escoitar esa voz tan recoñecible e a potencia de temas novos como 'La Razón', o concerto tivo unha intensidade brutal. Aquí vos deixo os mellores momentos dunha descarga de rock directo e sen artificios que confirmou que Onza ten moito que dicir.