O concerto de Bewis de la Rosa no Revenidas 2025 foi un deses descubrimentos que se agradecen. Era a primeira vez que a vía en directo e deixoume moi boa sensación. A súa proposta mestura palabra, actitude e mensaxe cunha forma moi propia de estar no escenario, conectando co público dun xeito próximo e honesto.
Unha actuación diferente, con personalidade e contido, que confirmou a Bewis de la Rosa como unha das sorpresas máis interesantes desta edición.

Outras seccións de interese

Back to Top